Baixo a aparente tranquilidade cotiá, novas especies espreitan no voso entorno máis próximo. Continuade coñecendo da man dos nenos e nenas do CEIP de Arteixo novos perigos que vos agardan en calquera recanto. E logo non digades que non estabades avisados¡
Non vos perdades outra fabulosa entrega de zooloxía fantástica. Nesta ocasión son os mozos e mozas de 5º curso de priaria do CEIP San Xosé Obreiro e de Ponte dos Brozos os que descobren nos recunchos do parque as orixinais criaturas que habitan moi perto de nós. Moito ollo, e seguide lendo para saber algo máis sobre elas!
Velaquí o GAIRREAL, un fantástico animal provisto dunha cola corida, dun enorme nariz co que ás veces emite sons marabillosos e habitante dos montes galegos coma o Caurel. É tan só un exemplo da divertida fauna que os nenos e nenas de 5º curso do CEIP Galán nos presentan neste interesante artigo. Seguide lendo e abrida as portas da vosa imaxinación…
Os alumnos e alumnas de 4º e 5º cursos dos centros Ponte dos Brozos e CEIP de Arteixo achegan ao blog nesta interesantísima reportaxe unha escolma dos seus descubrimentos máis recentes. Non a perdades e tomade boa nota. Poida que non volvades ver o voso entorno do mesmo xeito.
O mainiño, o seu sobriño, o pai de todos, o furabolos e o matapiollos… coñecédelos? Efectivamente, son os dedos da man. Pois agora atendede porque os alumnos e alumnas de terceiro curso do CEIP Ponte dos Brozos nos ofrecen un divertido xogo no que crean historias en cinco partes xogando cos dedos. Este foi o resultado do obradoiro de oralidade que os nosos creadores de historias fixeron para a campaña PALABRAS NO AR, que a editorial Kalandraka desenvolveu no departamento de Educación do Concello de Arteixo para o programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os alumnos de quinto curso do CEIP de Galán que participaron do obradoiro de oralidade que a editorial Kalandraka vén de realizar no Concello de Arteixo dentro da campaña PALABRAS NO AR, para o programa Bocaberta, da SXPL, acaban de presentar unha relación de novos lugares que en breve serán presentados polo Concelleiro de Toponimia e Historia do Concello de Arteixo. Esta relación de novos lugares é o resultado dun forte traballo de investigación que os alumnos de Galán nos ofrecen agora a todos e no que nos presentan tamén as orixes destes lugares, cando menos dos seus nomes, os seus mitos fundacionais, a etimoloxía e significados.