Skip to content

NOVOS PERIGOS EN ARTEIXO

24 Maio, 2011

Baixo a aparente tranquilidade cotiá, novas especies espreitan no voso entorno máis próximo. Continuade coñecendo da man dos nenos e nenas do CEIP de Arteixo novos perigos que vos agardan en calquera recanto. E logo non digades que non estabades avisados¡

Ler máis…

BECHOS E MÁIS BECHOS EN ARTEIXO

23 Maio, 2011

 

Non vos perdades outra fabulosa entrega de zooloxía fantástica. Nesta ocasión son os mozos e mozas de 5º curso de priaria do CEIP San Xosé Obreiro e de Ponte dos Brozos  os que descobren nos recunchos do parque  as orixinais criaturas que habitan moi perto de nós. Moito ollo, e seguide lendo para saber algo máis sobre elas!

Ler máis…

NOVA FAUNA DESCUBERTA EN ARTEIXO

23 Maio, 2011

Velaquí o GAIRREAL, un  fantástico animal provisto dunha cola corida, dun enorme nariz co que ás veces emite sons marabillosos e habitante dos montes galegos coma o Caurel. É tan só un exemplo da divertida fauna que os nenos e nenas de 5º curso do CEIP Galán nos presentan neste interesante artigo. Seguide lendo e abrida as portas da vosa imaxinación…

Ler máis…

NOVOS DESCUBRIMENTOS NO CAMPO DA ZOOLOXÍA DOMÉSTICA

23 Maio, 2011

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º cursos dos centros Ponte dos Brozos e CEIP de Arteixo achegan ao blog nesta interesantísima reportaxe unha escolma dos seus descubrimentos máis recentes. Non a perdades e tomade boa nota. Poida que non volvades ver o voso entorno do mesmo xeito.

CINCO SON CINCO

28 Abril, 2011


O mainiño, o seu sobriño, o pai de todos, o furabolos e o matapiollos… coñecédelos? Efectivamente, son os dedos da man. Pois agora atendede porque os alumnos e alumnas de terceiro curso do CEIP Ponte dos Brozos nos ofrecen un divertido xogo no que crean historias en cinco partes xogando cos dedos. Este foi o resultado do obradoiro de oralidade que os nosos creadores de historias fixeron para a campaña PALABRAS NO AR, que a editorial Kalandraka desenvolveu no departamento de Educación do Concello de Arteixo para o programa Bocaberta, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ler máis…

NOVOS LUGARES APARECEN NO CONCELLO DE ARTEIXO

25 Abril, 2011

Os alumnos de quinto curso do CEIP de Galán que participaron do obradoiro de oralidade que a editorial Kalandraka vén de realizar no Concello de Arteixo dentro da campaña PALABRAS NO AR, para o programa Bocaberta, da SXPL, acaban de presentar unha relación de novos lugares que en breve serán presentados polo Concelleiro de Toponimia e Historia do Concello de Arteixo. Esta relación de novos lugares é o resultado dun forte traballo de investigación que os alumnos de Galán nos ofrecen agora a todos e no que nos presentan tamén as orixes destes lugares, cando menos dos seus nomes, os seus mitos fundacionais, a etimoloxía e significados.

Ler máis…

MOI PRONTO, MILLLEIROS DE PALABRAS VOARÁN POLO AR DE ARTEIXO

14 Abril, 2011