Skip to content

NOVA FAUNA NA FRAGA DO PAXÓN DA COSTA

17 Novembro, 2010

Imaxinades un lugar onde os obxectos cotiáns cobren vida e se convirtan nos bechos máis estraños e feroces? Pois iso mesmo foi o que fixeron os nenos e nenas de 5º de primaria do CEIP Santa María das Pontes nun dos obradoiros de escrita creativa de PALABRAS NO AR. Visitade con eles a misteriosa fraga do Paxón da Costa, un lugar fantástico habitado por seres fabulosos froito da súa creatividade. Adiante¡

 

Áquí tedes o traballo de investigación dos nosos zoólogos. Imaxes e descripcións de novas especies que habitan a fraga imaxinaria do Paxón da Costa, un novo espazo natural a protexer por todos os amantes da natureza e da palabra.

 

 O CALICEGO

Os calicegos viven na fraga do Paxón da Costa. Teñen catro ás, unhas patas verdes moi longas e cornos afiados como coitelos. Comen persoas e sangue de tabeirón. Saen pola noite a pasear, a cazar e protéxense cos seus cornos e patas. Pesan pouco e ninguén os da collido.

 

A CEMPIRADORA

A cempiradora vive fraga do Paxón da Costa debaixo da terra. Son moi tímidas e protéxense do reflictesauro. Aliméntanse de froitos, tabeiróns e verduras. Cando saen fano pola noite; non poden ver a luz.

A CAMARELLA

A camarella vive fraga do Paxón da Costa. Este animal vixía a fraga polo día. Fabrica o “camel”, que é o seu alimento. Deféndese dos seus inimigos cun gran aguillón que posúe na parte traseira do seu corpo. A súa casa é unha colmea onde viven moitas máis coma ela.

 

O ESGALO

O esgalo fraga do Paxón da Costa e pode facer subir a calquera animal, soporta calquera peso e pode voar- As súas para permítenlle correr a 120 quilómetros por hora.

 A ASIVACA

 A asivaca vive na fraga do Paxón da Costa pola noite. Pola mañá, este animal durme ou viaxa polas fragas. É moi bo pero ás veces, cando o provocan, pódese anoxar. Aliméntase de herba e de froitos das árbores. Cando hai depredadores, a asivaca deféndese cos seus cornos que son de metal.

 

A VENTILARUGA

A ventilaruga vive na fraga do Paxón da Costa nos ríos. Utiliza o seu ventilador caparazón para propulsarse na auga. O seu alimento son as burbullas. Unha vez ao ano emigra aos oasis dos desertos para reproducirse. Ventílase co seu caparazón.

 

 

O REFLICTESAURO

Este monstro-lanterna-dinosauro, o reflictesauro, vine na fraga do Paxón da Costa. Aliméntase por exemplo da cempiradora ou das ventilarugas. Mide 5 metros e pesa 10 toneladas. Como é un dinosauro case ninguén se atreve con el. Acende a súa luz e con ela alumea e cega aos seus inimigos. Non ten medo a ninguén. É o monstro máis forte, rápido e litsto. Ten escamas por case todo o corpo e espiñas nos pés e no rabo. Dispara bombas de luz que deixan cegos aos inimigos.

A CABAUFA

A cabaufa vive fraga do Paxón da Costa, máis ou menos na zona sur, onde hai bastante vexetación. Aliméntase de cebada e cenouras. Ademáis das mazás máis maduras. Vive case trinta anos e acostuma pesar uns 20 quilos.

A PIÑAVE

A piñave vive na fraga do Paxón da Costa no río. Come peixes máis pequenos porque é carnívoro. Impúlsase coas aletas e pode pesar 1 quilo e medio.

 

O MARTABEIRÓN

O martabeirón vive na fraga do Paxón da Costa. É de auga doce e carnívoro. Reprodúcese no verán e aliméntase de pedras. Pode chegar a pesar uns 20.000 quilos.

 Seguide atentos ao blog porque moi pronto haberá máis información da fraga e dos seus habitantes. Moito ollo¡

 

 

 

 

 

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Mariña permalink
    17 Novembro, 2010 22:34

    Que chulos os bechos¡ Na miña casa tamén temos unha cempiradora. Estarei atenta por se polas noites sae na procura de comida. A ver se temos que facernos cun reflictesauro para que non nos coma¡

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: