Skip to content

PALABRAS NO AR EN CERCEDA… ARRIBA O TELÓN¡

16 Decembro, 2010

O Auditorio Municipal foi o escanario onde se celebraron a maior parte dos obradoiros de PALABRAS NO AR no concello de Cerceda. Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 5º de primaria do CPI O Cruce os que, na súa actividade de escrita creativa, xogaron cos extraños bechos retratados polo profesor Vidaurre no seu Imaxina Animais. Seguide lendo e de seguro que vos divertiredes con esta escolma de  nomes e descripcións saídos da súa imaxinación.

A quenabrella

A quenabrella vine nos mares do Uruguai, preto dos volcáns. Este animal que precisa calor é moi perigoso. Moitas veces enfádase facendo que os volcáns entren en erupción. Ata pode arrasar cidades enteiras¡ Pero sobre todo, pode abrir unha ducia de latas en cinco minutos¡ Así que…xa coñecedes a este animal, ou becho. Fálalle del aos teus amigos, pais,…etc. Por certo, o seu inimigo é a balea branca así que ten coidado non te vaias enredar nunha pelexa.

 

A pechareta

As pecharetas viven soas nos desertos onde nunca chove. Son da familia das bolboretas, pero en metálico. Voan 10 metros ao longo da súa vida porque pesan tanto que morren de cansanzo. Comen moitas cremaserpes ás que atacan de maneira bestial e son comidas polas truzves.

A truzve

A truzve vive en África, ten as patas longas, o pescozo tamén e ten pico. Abre as portas e ten dentes. Os seus inimigos son os seus depredadores e as pechaduras mal feitas. Come pecharetas, herba e o po das pechaduras vellas. O que máis lle gusta é ir de porta en porta.

 

O Interuprato

O interuprato é un animal que vive en buratos e pasa moito tempo nas paredes das casas acendendo e apagando as luces. Come queixo pero tamén lle gustan moito os cables. Son pequenos e viven sós. O seu inimigo é o cadeiragato.

O Mourollas

O mourollas é un animal que sae pola noite e durme polo día. Ten unhas orellas en forma de pico que lle saen da cabeza e uns grandes ollos que alumean pola noite para cazar as súas presas. O mourollas vive nas fragas pero sae das adegas e das cociñas onde viven os seus inimigos, as rollas das botellas de viño.

O fregapolbo

O fregapolbo é un animal que vive nos fondos mariños. Aliméntase do lixo que vai limpando cos seus tentáculos de fregona. É un becho inofensivo pero cando o atacan convirte o lixo en veleno co que fai enfermar aos seus atacantes. O fregapolbo cando morre convértese en fregona pero como é moi listo sempre pon antes un ovo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: