Saltar ao contido

PRIMEIRAS PALABRAS… EN PALAS DE REI

19 Xaneiro, 2011

 

As aulas da Casa da Cultura de Palas de Rei foron o lugar onde noso equipo desenvolveu os obradoiros nos que participaros rapaces e rapazas deste concello durante os días 13 e 14 de xaneiro.  Neste primeiro artigo damos conta do acontecido cos nenos de 5º de primaria na súa actividade arredor da obra Imaxina animais. Seguide lendo e disfrutade desta escolma coas máis inxeniosas descripcións para os bechos fotografados polo famoso profesor Vidaurre .

O Trollacho

O trollacho é un animal da familia das aves que vive no Camiño Raiado e que pasa as noites dicindo: rolla, rolla, rolla,… Por iso asusta a todas as persoas que pasan por alí. E cando miran, ainda se asustan máis porque sempre está coas ás abertas defendéndose facendo ventos furacanados. Despois marcha. Come sobre todo caramés e tenlle moito medo ás bolpechas.

O Carametro ou caramé

O carametro vive habitualmente entre as herbas de todo o mundo. Come moitas prantas, herbas, moscas, flores, formigas, etc. O carametro ten a cuncha vermella coa que se protexe. Cando está en perigo, métese no seu mecatro, que así se chama a cuncha que leva ás costas e defende dos seus depredadores. Adoita andar amodo, ainda que se ten necesidade de comer pódelle gañar a un can, os seus inimigos xunto coas aves. Os carametros poden vivir polo menos 90 anos, pero non moitos máis. Teñen pequenos pelos por todo o seu pegañento corpo e unha especie de cornos. O seu corpo pódese estirar ata os 300 metros.

O pechabolbo ou bolpecha

O pechabolbo ou bolpecha vive ao aire libre, máis ben no monte, e acostuma estar sempre voando. Atopámola tamén parque de San Roque, come flores e deféndese coas súas ás. Ten unha familia moi pequena. Só viven durante unha semana, se lles deixan os seus predadores: os paxaros. Son moi pequenas e deféndense abrindo e pechando as súas ás que son de aceiro. Comen herba, temen ao patochave a ao tiramou pero lévanse ben co caramé. Teñen dúas antenas. Son eirugas antes que pechabolbos e despois morren.

A serpemalleira ou cremaserpe

É un reptil velenoso que podemos atopar en distintos lugares, tamén nas chaquetas para abrochalas. Son moi malas porque se poden mórdenche e podes morer. Gústanlle moito os ovos e tamén comen lagartos, ratos, etc. Podemos atopalas nas silveiras pero só no verán xa que no inverno agóchanse nos furados dos balados de pedra.

O tenazaboi ou tenaza escorpión

É un animal que come ferro e o tritura cos seus dentes. Deféndese co seu forte capazazón e pode envenenarte cos sus chavellos. Vive á carón das árbores e das silveiras. O resto dos animais téñenlle medo e cando o ven non paran de correr mentres el fai clac-clac-clac coas súas pinzas.

A patachave

A patachave é un animal incrible. É case prehistórico! Vive nos camiños abandonados, gústalle voar entre as árbores e tamén comer bolpechas. Para defenderse voa ata onde ningún outro animal pode chegar ainda que teme aos tiramouchos, uns seres da familia dos mouchos e semellantes aos trollachos que pasan a noite nas pólas das árbores a cantar: buu, buu, buu.

O lámpagrilo

É o insecto máis abundante de todos e antigamente usábase de lámpada porque non coñecían a electricidade. Deféndese cegando aos seus inimigos e camúflase apagando a luz. Desta maneira consegue tamén o seu alimento. Os seus pés son tal longos que pode escapar ata das teas de araña. Agora podémolos atopar nos bosque máis obscuros e cantan tan ben que adormecen aos humanos.

E velaquí os autores á saída do obradoiro. parece que o pasaron ben, non credes?

Advertisements
3 Comentarios leave one →
  1. quionia rivas permalink
    30 Xaneiro, 2011 17:45

    olaaaa… a min gustoume moito pero costoume atopar os alumnos de 1 eso de palas de rey¡¡!! creo que deberian de estar mais a vista na páxina de palas de rey peeo en xeral está moi ben a ver se volvedes qe vos esperamos cos brazos abertos jaja!!!

  2. 4 Febreiro, 2011 16:23

    A min gustoume moito porque era divertido. Pero doume moita vergoña ler .
    Cando van sair os de Palas de Rei?

    • palabras no ar permalink*
      4 Febreiro, 2011 18:04

      Ola Laura, o de Palas xa está publicado. Mira ben a ver se atopas o teu traballo. Como vos diciamos nos obradoiros todo, todo, nunca o podemos poñer pero se non atopas o teu traballo dinos en que curso estabas para buscalo. E moitas grazas por visitarnos no blog e polo teu comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: