Saltar ao contido

NOVAS COPLAS APARECEN NO CASTELO DO PAMBRE

20 Xaneiro, 2011

Todos os investigadores en etnomusicoloxía de Galicia están estes días atentos ao achado dun novo pergamiño, un prego vello que apareceu nas tapas dun libro de mapas nun dos armarios do castelo do Pambre. Este documento, que recolle un conxunto de trece coplas de catro versos octosilábicos en rima asonante, está a ser custudiado polos alumnos de 4ºB do CEIP de Palas. Seguide lendo este artigo, nos vindeiros días grandes medios de comunicación de todo o mundo porán o seu foco neste novo aporte á poesía de corte tradicional en Europa. 

 Velaquí unha reproducción deste valioso documento:

  

 

Unha vez estudadas estas coplas, os nosos investigadores intentaron recrear a música que acompañaba esta composición orixinal das terras da Ulloa grazas á mestura doutras trece melodías tradicionais. O resultado podedes escoitalo pinchando no icono de audio máis abaixo. Probade a cantar estas dúas coplas coa súa volta. Sede cantareiras e cantareiros e botade un aturuxo con esta peza:


 

Baila mozo, baila mozo        

baila que podes bailar,      

colle unha boa parella       

ponte a saltar e a brincar.      

 

Canta cuco, canta cuco,  

na rabela do arado        

cando o labrego traballa     

o cuco está alí pousado.

 

Miña nai por me casar      

ofreceume bois e vacas       

pero o pai da miña moza       

pegoume con dúas estacas.    

 

E se sodes atrevidos botádelle un ollo á partitura e interpretádea vós mesmos:

  

  

Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. Marcial permalink
    2 Xaneiro, 2013 15:21

    É un achádego marabilloso. Eu teño escoitado parte desas coplas nesa zona, que é a miña, só que os versos estabam artellados doutro xeito.
    O pior do asunto é que cando se abriu o castelo (xuño 2010) non sabemos, ou polo menos eu teño as miñas dúbidas, de cantas cousas: manuscritos, pergameos, etc como se dicia que había ali, puideran desaparecer

    En calquera caso, PARABÉNS pola recuperación

  2. Marcial permalink
    2 Xaneiro, 2013 15:58

    Aproveito este fantástico foro aberto para a cultura galega e, o que é máis importante, feito para e por escolares e a prol da recuperación da nosa lingua, para dicir que no Castelo de Pambre non hai prácticamente nada na nosa lingua.
    O concello de Palas de Rei, encargado da xestión desde a súa apertura, NON UTILIZA O GALEGO nos anuncios, folletos informativos, visitas guiadas,etc.
    Mágoa que isto aconteza, sobre todo cando esta fortaleza garda xoias como a que ven de ser descoberta ( e oxalá aparezan máis), para arrequecemento do noso patrimonio galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: