Saltar ao contido

NOVAS DE VIDAURRE EN PALAS DE REI

21 Xaneiro, 2011


Novas testemuñas durante a nosa estadía en Palas de Rei poñen de novo de actualidade a misteriosa vida do profesor Vidaurre. Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas de 6º curso de primaria os que nesta interesantísima reportaxe achegan declaracións inéditas que, nalgúns casos, abren novas liñas de investigación sobre este xenio e figura.

OS PRIMEIROS ANOS

Nada sabiamos ata o momento sobre o nacemento do profesor, así que escoitade con atención o que nos conta este anónimo veciño:

Máis desconcertante foi esta declaración sobre a súa familia. Escoitade, escoitade…

Estraño, non si? Certo é que xa nos advertiran en Carral (ver Novos datos sobre Vidaurre) do interese dos seus pais en que fose creativo, pero…ata tal punto? Ben, deixemos este controvertido asunto e centrémonos na infancia do pequeno Vidaurre que, malia o recollido en As Pontes ( ver A misteriosa historia do profesor Vidaurre), parece que foi bastante feliz e divertida:

Esta testemuña ven a confirmar o interés temperá do noso profesor polos animais e a natureza. Nisto, e nos seu gusto polos libros e a lectura, coinciden todas as declaracións recollidas ata o de agora. Non así no seu paso pola escola, sobre o que seguinte cidadán aporta novos datos:

Pois si, un bo exemplo de como se pode canalizar positivamente unha mala experiencia. Pero vaiamos con cousas máis felices. Cando se iniciou o noso protagonista na fotografía? Como consegiu a súa primeira cámara? Velaquí esta versión recollida en Palas que contradí outras anteriores que nos chegaron en As Pontes e en Carral:

Sen embargo, outros veciños desta vila luguesa aportan versións ben diferentes sobre este particular asunto:

Pois si, como parece lóxico pensar, Juan Vidaurre pasou pola Universidade. Xa en Carral recolleramos testemuñas desta etapa da súa vida ainda que aquí, en Palas, atopamos por primeira datos sobre a súa labor docente:

Que divertido sería telo de profesor, non si? Esta derradeira testemuña dos seus primeiros anos fálanos dunha das grandes paixóns deste personaxe: as viaxes.

AS VIAXES DE VIDAURRE

Na anterior reportaxe sobre a súa vida, diferentes persoas sinalaban Galicia como o primeiro destino do profesor. Pois ben, houbo en Palas quen corroborou esta afirmación:

Supoño que despois desta experiencia necesitaría repoñerse nalgures…Pois que mellor que en Palas, non credes?

As fragas do Eume, Carral, o río Miño, Palas…. De certo que Vidaurre debeu percorrer Galicia enteira! Pero continuemos coas súas viaxes. Escoitade outra das súas aventuras no deserto.

A FAMILA DO PROFESOR VIDAURRE

En anteriores investigacións soubemos do casamento de Juan Vidaurre no que poderiamos chamar un amor a primeira vista. O que vos descubrimos agora é que da súa viaxe a Palas o profesor levou algo máis que uns pantalóns novos e a afección ao futbolín:

Que, sorprendidos? Home, os de Palas supoño que non pero para o resto dos lectores este é un dato totalmente novidoso. Sobre os seus fillos, un neno e unha nena, tamén tivemos novas:

De tal pao tal racha, como di o refrán. Polo que parece herdaron do seu pai o interese pola natureza e a fauna fantástica.

ALGUNHAS PREGUNTAS SEN RESPOSTA

“Que foi do profesor Vidaurre?E da súa familia? Segue vivo? Escribiu máis libros?” preguntan habitualmente os rapaces e rapazas que asisten aos obradoiros de PALABRAS NO AR. De momento non podemos afirmar nada con seguridade. Do seu final temos escoitado varias testemuñas: que morreu envelenado na súa viaxe ás Pontes, que o finou recentemente en Pontevedra aos 89 anos de idade…, nada certo.

Seguide atentos o blog. No noso percorrido por Galicia seguiremos investigando sobre a vida do profesor e… quen sabe, quizais demos con el algún día!

 

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Raul permalink
    22 Xaneiro, 2011 18:44

    Moi boa labor de investigación! Unha pista: hai unha pequena vila en Navarra chamada Vidaurre, trerá algo que ver?

    Unha aperta e noraboa aos nenos e nenas e ao equipo de Palabras no ar polo traballo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: