Saltar ao contido

NOVOS PERIGOS EN ARTEIXO

24 Maio, 2011

Baixo a aparente tranquilidade cotiá, novas especies espreitan no voso entorno máis próximo. Continuade coñecendo da man dos nenos e nenas do CEIP de Arteixo novos perigos que vos agardan en calquera recanto. E logo non digades que non estabades avisados¡

A TESOUROTA

A tesourota é un animal que vive na costa e anóxase por todo. Ten moi mal xenio e o costume de comer peixes e toda clase de bechos do mar. O meu avó Xoan tiña un peixe e unha tesourota, que o seguiu ata a casa, comeullo. Son aves moi listas.

 

A CHAVERAFA

As chaverafas están en perigo de extinción. Son uns animais moi prezados nos zoolóxicos porque cando intentan atrapar algunha para metala na gaiola sempre logra escapar pola noite. Son quen de abrir todas as portas do mundo¡ As chaverafas son orixinarias do norte de África e teñen un apetito voraz.

OS GAIQUITOS

Os gaiquitos viven por todo o mundo e aliméntanse de notas musicais. Atacan ás persoas cando cantan ou están a tocar algún instrumento. Son capaces de emitir sons moi agudos e outros moi graves ao mesmo tempo.

 

A CROCOXEIRA

A crocoxeira é un animal que vive na auga, especialmente en lugares moi contaminados, preto dos portos e das cidades. Aliméntase de papeis das fábricas que atopa polo mar. Nada moi rápido e moito coidado, se te atopa pódete cortar.

A BOLBOLETA

Á bolboleta gústalle voar polo ar cando é de noite. O seu mellor amigo é a rastrillosa. Co seu aspecto inofensivo, a bolboleta é un animal moi perigoso que leva os nenos malos para comelos e rouba madeiras para ter o seu acocho ben acomodado.

A RASTRILLOSCA

A rastrillosca é moi rápida e pasa o día levando follas de lado a lado. Deféndese dos seus inimigos co seu forte nariz. Tamén é moi perigosa, aliméntase de nenos que empezan por R, comp Raule, Rubén,….

O PALERRI

Vive en Galicia e, como as toupas, vive na terra e co seu nariz pode furar a moitos metros de profundidade. Sempre anda en leas e come lapis de cores.

PARRÁ

A parrá é un becho misterioso temido pola súa pel moi dura e velenosa. Encántalle furar na terra e por iso non se deixa ver, porque é moi pequena e agóchase nos furados que fai na terra coas súas patas longas. Para defenderse salta á cara dos seus inimigos e logo sae correndo. Hai quen di que as parrás viven nas pozas comendo moscas ao lado da súa horta, da que collen terra coa boca para prantar legumes e hortalizas.

A PINTAPOMBA

A pintapomba é de cor vermella e moi presumida. Vive nos estoxos de maquillaxe e gústalle comer a pel seca dos beizos. Mentres son novas e non lle medras as ás permanecen nos seus niños pero tede coidado, cando se fan adultas poden sair voando en calquera momento.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: