Skip to content

Que é?

A

A

A

“ Cando se lanza un seixo nun estanque, provócanse ondas concéntricas que se expanden pola superficie, e implican, no seu movemento, diversos efectos a distintas distancias (…) Do mesmo modo, unha palabra lanzada á mente, ao chou, produce ondas de superficie e de profundidade, provoca unha serie infinita de reaccións en cadea, arrastrando na caída sons e imaxes, analoxías e lembranzas, significados e soños, nun movemento que atinxe á experiencia e á memoria, á fantasía e ao inconsciente…”

(Gianni Rodari, GRAMÁTICA DA FANTASÍA)

PALABRAS NO AR é unha campaña de dinamización lingüística deseñada por KALANDRAKA EDITORA para a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do seu programa BOCABERTA, que nesta segunda etapa desenvolverá as súas actividades en nove concellos galegos (As Pontes, Arzúa, Cerceda, Carral, Quiroga, Palas de Rei, Caldas de Reis, Ponteareas e Arteixo) despois de telo feito noutros oito o ano anterior (Fene, Monforte, Allariz, A Estrada, Cambados, Culleredo, Redondela, Ames e Santiago).

Dirixido a escolares de entre 8 e 13 anos, PALABRAS NO AR ten como principal obxectivo fomentar e reforzar o uso da lingua galega, especialmente no eido das tecnoloxías da información. O coñecemento e posta en valor da nosa rica tradición oral, estimular a creatividade e a sensibilidade tanto no plano literario como no plástico e musical son outros dos fins desta campaña na que KALANDRAKA tampouco renuncia á achegarlles aos máis cativos a lectura en galego como pracer e goce contribuíndo a que estimen as producións orais, literarias, plásticas e musicais como un prezado ben cultural.

AS ACTIVIDADES:

Presentación para os educadores dos nenos e nenas participantes na campaña e onde o equipo de PALABRAS NO AR obtén información relevante dos centros escolares que serve, nalgúns casos, para contextualizar os obradoiros e conectalos co traballo docente.

 

Obradoiros de oralidade,dirixidos a grupos-clase de 3º e 4º curso de Educación Primaria, nos que se desenvolven diferentes estratexias lúdicas e creativas que reforzan o eixe lingua -tradición.

Obradoiros de escrita creativa, dirixidos a grupos-clase de 5º e 6º de Educación Primaria que teñen como punto de partida o libro Imaxina animais para desenvolver diferentes e estimulantes propostas que favorecen no ámbito da escrita a creatividade e a fantasía.

Obradoiros de gráfica creativa, dirixidos aos alumnos de 1º e 2º de Educación Secundaria e impartidos polo artísta plástico PABLO OTERO, a proposta denominada DICIONARIO DE ESPELLOS convidará aos asistentes a unha reflexión sobre a língua e a identidade persoal partindo da propia imaxe e a palabra como elementos dun “binomio fantástico” que estimulará a súa creatividade. 

 

AS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS

Con posterioridade aos obradoiros, e como conclusión ás actividades desenvolvidas en cada concello, serán programados nas distintas emisoras locais municipais cinco espazos de 10 minutos de duración nos que os nenos e nenas achegarán á comunidade escolar e á veciñanza o resultado do seu traballo. Cun formato adecuado e divertido a partir dunha escolma das gravacións feitas polo noso equipo no trascurso dos obradoiros, os programas de PALABRAS NO AR aportan aos asistentes un reforzo positivo que serve de elemento motivador durante e despois da súa participación.

O BLOG DE PALABRAS NO AR.

A creación e mantemento polo noso equipo do blog da campaña (www.palabrasnoar.org)  multiplica considerablemente a súa difusión e contribúe a proxectar a nosa vella lingua ao futuro da man das novas tecnoloxías da información. Ademais, dun xeito lúdico e a través de diferentes xogos e presentacións, o blog serve de escaparate das actividades realizadas así como de foro aberto e común para todos os participantes, as súas familias e as comunidades escolares.

AGASALLOS PARA OS PARTICIPANTES

Todos os participantes na campaña PALABRAS NO AR teñen o seu agasallo.

Os nenos e nenas que participan nos Obradoiros de oralidade reciben un exemplar de Minilibros para Soñar PALABRAS NO AR, unha selección de catro álbumes ilustrados en pequeno formato 7 x 7 cm presentados na súa caixa contedora e onde atopamos tanto clásicos como contos de novos creadores.

Unha edición especial de Imaxina Animais, de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre, é o agasallo escollido para os rapaces e rapazas que asisten aos Obradoiros de gráfica e de escrita creativa. Unha orixinal proposta plástica e literaria que nos serve de punto de partida para mil e un viaxes ao mundo da fantasía e á creatividade.

E para os titores dos grupos participantes, como libro de aula, a Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, unha referencia esencial para os educadores e unha achega sen precedentes á pedagoxía contemporánea que nos transmite a idea revolucionaria e liberadora da palabra e da literatura.

Advertisements
One Comment leave one →
  1. esteban permalink
    6 Marzo, 2011 19:31

    Como teño que facer para que me publiquedes un comic meu.
    Respondede poefavor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

%d bloggers like this: